quinta-feira, 18 de março de 2010

Unha vez houbo un home que nunca dixo, meu.
Petou nas portas do mundo, chamou no meu corazón.
Falaba con palabras que semellaban pombas.
As cousas á sua beira púñanse brancas.
Nascíalle nos ollos un abrente coma un río de luz, ou coma un mar lonxano de gueivotas.
Un bálsamo de amor tiña aquil home pra ista miña dor sin nome.


Celso Emilio Ferreiro